| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

O porqué desta convocatoria

Page history last edited by biblioteca ciencias da educacion 15 years, 1 month ago

 

 

Obxetivos:

 

1. A principal finalidade desta convocatoria é facer da nosa biblioteca algo activo, un espazo aberto no que os usuarios/as xogen o papel fundamental.

 

2. Integrar a Biblioteca na Facultade, sacando todas as posibilidades que ten un tema, unha materia, dende o seu estudo ata a súa expresión máis íntima.

 

3. Abrir unha vía de colaboración entre  bibliotecas afíns, como son a Biblioteca Central de Pontevedra (Universidade de Vigo)  de Ciencias Sociais ou a da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. 

 

4. Establecar un diálogo entre a educación e a arte.

 

 

          Esta convocatoria é así unha forma máis de achegarnos aos usuarios/as e á sociedade en xeral. O cambio que supón o Espazo Europeo de Ensino Superior (EEEI) implica á Biblioteca universitaria, que, por unha banda deberá participar dun xeito máis activo na alfabetización ao longo da vida e por outra tentar sacar a Biblioteca á sociedade.

 

          Por outra banda, seguindo un pouco a Pedro Medina, doutor en Ciencias de la cultura pola Scuola Internazionale di Alti Studi de Módena: "cada época posee un sistema de experiencias al que el arte y el pensamiento intentan dar forma". Na nosa época vivimos exclavizados polas modas, nunha sociedade globalizada pero multicultural, integrada por múltiples diferencias que debemos respetar e na que aparecen novos valores a desarrollar. Moitos proxectos educativos inclúen visitas aos museos, nos que a arte é un reflexo da sociedade. No ámbito da educación debemos ofrecer ao alumno capacidade crítica e reflexiva cando se enfrente a unha obra de arte e hoxe, a arte non só está nos museos, está noutros espazos, na rúa e na sociedade. Estas obras nos axudan a analizar e comprender o que nos rodea, a través da visión individual dun artista. A Biblioteca será por un tempo, non só receptora de imaxes, e mensaxes sociais, se convertirá tamén nun deses novos espazos para aprender a ler a arte.

 

          Ademáis nos move o desexo de abrir portas á unha colaboración máis estreita tanto cos docentes coma con outras institucións que ofertan contidos afíns aos nosos. No primeiro caso trataríase de que o profesorado fixera algunha actividade paralela con motivo da convocatoria ou da exposición. Neste sentido xa contamos con algunha participación voluntaria para traballar cos carteis na súa divulgación social. En canto á colaboración con outras institucións estamos a traballar nelo e polo de agora xa contamos coa participación da Biblioteca Central do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo) que acollerá a mostra a finais de ano.

 

          Temos en mente a realización dalgunha actividade paralela como pode ser a proxección de películas nas que "o medo" forme parte do seu contido. Non se trataría tanto películas de terror como daquelas que traten medo coma emoción humana. Además realizaremos unha selección de recursos relacionados co tema: dende libros que podamos ter na nosa Biblioteca, artigos, webs interesantes...

 

          Todas estas actividades son abertas, gustaríanos contar coa participación de todos, suxerindo ideas ou recursos. Neste wiki iremos engadindo as novas.

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.