| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Qué é o mail art

Page history last edited by biblioteca ciencias da educacion 15 years, 2 months ago

 

 

¿QUE É O MAIL ART?

 

 

Convocatoria de mail art "Radigrafía do medo"

Organiza: Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación (Universidade da Coruña)

Colabora: Biblioteca Central do CAmpus de Pontevedra (Universidade de Vigo)

 

 

 

 

     O mail art nace nos anos 60 en parte como unha necesidade de comunicar, ao marxe da cada vez maior comercialización que está sufrindo a arte. Xurde da man do artista norteamericano Ray Jonson (1927-1995), grupo Fluxus, retomando o que xa comenzaran algúns artistas de comezos do século XX, como os dadaístas Tristán Tzara, Marcel Duchamp, os futuristas Marinetti, Giacomo Balla ou Pannaggi ou as obras de Schwitters co seu rostro manipulado e a utilización que facía dos selos de goma nalgunhas pezas. Recordemos cando Marcel Duchamp viaxou de París a Nueva York coa súa Botella de aire de París para o seu amigo Arensberg. Johnson crea en 1962 a primeira escola de arte por correspondencia que se chamaría "New Yok Correspondence school”.  Xa estaba a primeira pedra.

     Nos anos 70 comenzaron a intercambiarse as primeiras listas de direccións de correos e se fixo algunha exhibición. Pero será nos anos 80 cando as mostras se fagan máis patentes como foi o caso de: Figueres e Pamplona (1981), Pontevedra (1983), Lleida, Olot (Girona), ata que chegamos á gran mostra que se organizou en Terrassa en 1988. Foi nelas nas que moitos dos mailartistas da actualidade comezaron a expoñer as súas obras. Nos anos 90 co nacemento de internet comenza as úa gran difusión, que xa agora é imparable, con foros, exposicións virtuais, poesía visual...

 

     Iste novo medio de expresión artística utilizará o correo postal como canle principal, aínda que tamén se utiliza o fax, e actualmente o correo electrónico.... Ás veces o principal reto é conseguir que a obra pase as estrictas normas de correos. O/a artista precisa sair dos círculos mediáticos, o obxetivo non é a venda, é unicamente comunicar e chegar ás masas. Entre os principios da arte postal están a non venda das obras, non selección nin xurados, non se rechaza nada, non hai críticos, nin censura, e, sobre todo, a liberdade de expresión.

 

     En canto aos materiais utilizados para as creacións de mail art, moitas veces utilízanse materiais efímeros, reciclados e precarios. Lembremos que apareceu nun momento no que estaba a xermolar a arte póvera e a arte conceptual. O seu espíritu é de ruptura con toda convención social en torno a arte, nas formas e nos conceptos, alonxarse de normas estéticas impostas por galeristas, críticos e institucións, sair, en definitiva dun circuíto artístico dirixido. Tampouco existe propiedade da obra, é un intercambio, un rular dun lado a outro.

 

     Coas denominacións máis frecuentes de "Arte Correo", "Correspondence Art",  "Postal Art" ou "Mail Art", convérsese nunha das principais redes internacionais de comunicación artística. Así o concepto de “eternal network” creado en 1962 por Robert Filliou (tamén do grupo  Fluxus) é a súa principal caraterística, unha rede na que quen o desexe pode entrar e sair en calquera momento. Artistas coma Picasso ou Matisse xa utilizaron estas canles de comunicación, e actualmente miles de artistas activos coma: Cesar Reglero. El Taller de Zenón, Manuel Sanz Serrano, Juán Orozco, os galegos Ramón Cruces, Manoel Bonabal ou a Corporación Semiótica Galega, Miguel Melero ou Carlos Botana, en Xapón Riusuke Cohen, en Italia Ruggero Maggi, o uruguayo Clemente Padín, a alemana Barbara Noculak, os xa finados Egdardo Vigo (Arxentina) e Simón Baudhuin (Bélxica) entre outros.

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.